Benvidos!!

Neste blog, vou falar de distintos aspectos de Galiza, de personaxes galegos, cultura…etc Convídovos a lelo e de seguro que encontrades cousas novas que descoñecíades e que vos poden interesar. Agardo que vós guste

DÍA 19: Muller

Concepción Arenal (Ferrol, 1820- Vigo, 1893)

Unha das pioneiras do feminismo español, nunca deixou que ser muller supuxese unha desvantaxe. Sempre quixo ser avogada e disfrazouse de home para poder asistir como oínte á Facultade de Dereito, e para participar en faladoiros literarios e políticos. Foi a primeira muller premiada pola Academia de Ciencias Morais e Políticas (presentouse con nome de home) e a primeira que recibiu o título de visita de cárceres de mulleres. Nos seus escritos, non se cansou de criticar as teorías que defendían que a muller é inferior baseándose na bioloxía e defender o acceso da muller a todos os niveis educativos. A súa cita máis famosa segue de actualidade: «abride escolas e pecharanse cárceres».

Poema á muller galega:

É criminal, no tempo que corremos,
comparar a muller a mais a flor
cando as mulleres de Galicia
teñen que emigrar
pra Francia, Suíza i Alemania
como antes emigraban
pra Cuba, Arxentina e Venezuela.
As mulleres galegas non teñen
luceiros en vez de ollos
senón tristura arrepiante
de ollar un mundo inxusto
que está ó seu redor.

As mulleres galegas teñen
dediante da súa ollada
eidos sen labrar,
ermos, incultos,
e son elas as que empuñan a rabela
como quen ergue unha bandeira
pra obrigar á terra,
ó escuro terrón edurecido,
a parir o pan de cada día. A muller galega non ten
-testigo son, podo xuralo-
en vez de dentes, pérolas,
nin risas musicais cristaíñas:
os seus dentes roen broa

de millo,
pan centeo,
a realidade dura como un seixo; A muller galega -tomade boa nota, a ver
si o deprendedes dunha vez-
non ten a pel de lilio ou azucena,
senón unha pel queimada polo sol,
petada polos ventos,
lavada polas choivas,
enfeitizada polas neves,
pola xeada endurecida,
arrecendendo a mar,
a campía i a carqueixa.

https://matadornetwork.com/es/12-mujeres-gallegas-que-hicieron-historia/ https://airadasletras.gal/poema-muller-galega/

Comentario:

Penso que nas últimas décadas conseguiuse un avance na igualdade pero aínda queda un largo camiño para que esta sexa unha igualdade real. Ademais, na miña opinión, a clave para conseguir isto, (coma noutros aspectos a corrixir da sociedade) está na educación que se lles da aos nenos e nenas dende pequenos e por iso apoio a tan coñecida frase de Concepción Arenal de «abride escolas e pecharanse cárceres», porque as bases dunha sociedade igualitaria aséntanse nun bo sistema educativo.

DÍA 18: Deportes

O BADMINTON

é un deporte de raqueta que se pode xogar de maneira individual ou por parellas, tanto en pista cuberta, como descuberta, e que presenta a peculiaridade de que o que golpean os contendentes non é unha pelota, senón un curioso obxecto de forma cónica elaborado con cortiza e plumas –naturais ou sintéticas– que se coñece como volante ou pluma.

Ata hai uns anos era un deporte minoritario en España, pero popularizouse tras a aparición da xogadora española Carolina Marín nos medios de comunicación polas súas catro vitorias nos europeos, o seu ouro nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro e, sobre todo, por converterse na primeira xogadora que consegue vencer en tres campionatos mundiais deste deporte, dominado ata entón por deportistas chineses, coreanos ou indonesios.

Comentario:

Penso que o deporte é unha parte fundamental da nosa vida que nos axuda a sentirnos ben e sans, por isto deberíase promover a súa practica e fomentar unha maior variedade deles xa que moitas veces so nos centramos en un ou dous deportes como pode ser o fútbol no caso da nosa terra e deixamos de lado unha gran cantidade deles que poden ser moi entretidos e beneficiais. Por isto, na miña opinión hai que empezar a darlle máis apoio aos deportes minoritarios para que estes teñan a oportunidade de crecer e ser coñecidos e para apoiar así aos atletas que os practican

https://www.webconsultas.com/ejercicio-y-deporte/vida-activa/que-es-el-badminton-y-como-se-juega

DÍA 17: Asociacións ou ONG’s

Galicia Ambiental

Asociación de profesionais ambientais – Galicia Ambiental é o punto de encontro e defensa dos intereses dos profesionais do sector medioambiental.

PROXECTO DE INTERESE:

Pon as cinzas dunha árbore galega no teu fogar; con este xesto porás árbores nos montes afectados por incendios forestais. Se o pasado ano se fixo a primeira acción financiada por crowfunding, seguida dunha de creación de infraestruturas patrocinada pola Fundación C&A en Chandebrito…, nesta terceira fase, co patrocinio do Festival da Luz – Boimorto, buscan dar unha continuidade efectiva ao traballo comezado por medio de xornadas de divulgación en centros escolares e colectivos sociais e cidadáns aos que invitan a colaborar en accións de reforestación e transmite a mensaxe do proxecto.

Comentario:

Non coñecía esta ONG pero paréceme moi importante a labor que fan para dar vida de novo a zonas que sufriron incendios e os proxectos de protección do medio ambiente para poder conservar a natureza salvaxe característica de Galiza e que tanto nos gusta. En xeral penso que hai un gran número de ONGs que plantean obxectivos claros e os levan a cabo facendo unha gran labor para a sociedade, o medio…. Por isto creo que debemos apoiarlas e se podemos ir de voluntarios.

Voluntariado de la Luz

DÍA 16: Ciencia

INIBIC

O Instituto de Investigación Biomédica da Coruña ( INIBIC) é un Instituto de Investigación Sanitaria ( IIS) constituído pola Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), a Universidade da Coruña (UDC) e a Fundación Profesor Novoa Santos.

A estrutura científica do INIBIC desenvólvese en seis grandes áreas de investigación. Durante o proceso de definición e consolidación destas áreas traballase baixo a premisa de fomentar a interrelación e colaboración entre todas as institucións que conforman o Instituto. Desta forma, a composición actual das seis áreas posúe un marcado carácter heteroxéneo.

Comentario:

Eu visitei este instituto o derradeiro ano coa clase de bioloxía para aprender sobre a investigación e a labor que se fai neste lugar. A visita pareceume de un gran interese xa que puidemos ver como os investigadores traballaban e como andaban na procura de avances e técnicas de innovación para converter ó INIBIC nun referente. Ademais, durante o transcurso da explicación e exposición do lugar coñecemos novos proxectos para a cirurxía, máquinas novas difíciles de atopar no resto de centros de investigación nacional e tamén coñecer os seus modelos de formación de docentes e as colaboracións internacionais que se levan a cabo para poder así contrastar os descubrimentos.

 https://www.inibic.es/es/portada_es/

DÍA 15: Música de estilos modernos

RAP

O rap é un estilo de música que se caracteriza por un recitado rítmico das letras, que non se cantan. Xurdido en Estados Unidos na metade do século XX,Palabras descoñecidas.

A acción de interpretar un rap coñécese como rapear, mentres que os intérpretes son mencionados como rapeiros ou coa sigla MC (por Master of ceremony, é dicir, “Mestre de cerimonia”). Ao rapear, o MC apóiase nunha melodía de fondo que se denomina beat, encargada de marcar o ritmo.

Comentario: O rap é un xénero moi popular actualmente, escoitado maioritariamente por xente nova xa que pertence ao grupo dos estilos modernos. Como ben sabemos os estilos musicais xiran entorno as modas que se establecen nas diferentes sociedades sendo constantemente cambiadas sen chegar a establecerse normalmente un deles por riba dos outros. O rap caracterízase polo seu simil coa poesía e pola súa repetitiva sonoridade enlazando unhas terminacións coas outras.

https://es.wikipedia.org/wiki/Rap

DÍA 14: Novela

MENTIRA

Descripción:

Xenia loita por sacar as mellores notas, impulsada pola ilusión de entrar en Medicina, pero ultimamente o seu rendemento esta baixando. E é que Xenia namorouse, aínda que non dun mozo da súa contorna, senón dunha pantasma, dunha voz xurdida da internet coa que comparte a súa paixón pola lectura. Como Xenia é decidida e o seu amor virtual négase a unha cita, proponse sorprendelo, de modo que inicia as súas investigacións cos poucos datos de que dispón. E todo resulta ser falso, unha mentira, nin a foto nin o nome son reais. Quen é en realidade a súa alma xemelga? Arrepentida polo abandono dos seus estudos confesa todo aos seus pais, segura de ser vítima dalgún desaprensivo. Pero pronto un paquete inesperado vai revelarlle a identidade do raparigo co que compartiu as suás máis íntimas emocións. Provén do cárcere de menores e contén a historia dun asasino.

Autora:

Care Santos

Mataró, Barcelona; 8 de abril de 1970 é unha escritora e crítica literaria española en lingua castelá e catalán.

Comentario:

Eu non son unha persoa que lea habitualmente e penso que aínda non atopei un xénero literario e unha temática que me chame a atención e me entreteña o suficiente como para collerlle gusto a lectura. A pesar deste feito, son consciente dos grandes beneficios que esta aporta, tales como a mellora a hora de expresarse, contar cun vocabulario mais amplo ou evitar erros ortográficos e gramaticais.

DÍA 13: Outras artes escénicas

Danza:

« Tradicción» representa un percorrido lúdico polas raíces do folclore galego. A montaxe busca sorprender ao público a través da inclusión de elementos que conforman o seu imaxinario colectivo. Á fronte da dirección artística desta montaxe musical e coreográfico, que leva en circulación máis dunha década, atópanse Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer, mentres que Pedro Lamas faise cargo da dirección musical.
Trátase dunha peza que profunda na raíz en busca de contemporaneidade: terra, percusión, madeira, vento, forza, pobo, movemento, pel, destreza e virtuosismo. A produción leva á compañía por músicas tradicionais, en moitos casos inéditas, tamizadas pola contemporaneidade e as coreografías creadas a partir de movementos e pasos moi primarios, que nos axudas a expresarnos con orixinalidade, sen perder o contacto coa nosa raíz.

Nova Galiza Danza

Comentario:

O elemento mais destacado deste espectáculo é a mestura de tradición e innovación e a forma na que se consegue mediante os movementos corporais expresar estados de ánimo, situacións etc… cousa que na miña opinión ten unha gran complexidade. Así mesmo, penso que esta sería unha actividade moi frutífera a hora de traballar aspectos como a comunicación non verbal ou exteriorización dos sentimentos na escola. e . Por outra banda, creo que estes espectáculos non están tan ben publicitados como debían.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/valdovino/2019/08/21/nova-galega-danza-representa-espectaculo-tradiccion/0003_201908F21C6996.htm

DÍA 12: Artesanía

A artesanía do encaixe ten unha presenza secular en Galiza, converténdose nun oficio tradicional que se foi traspasando de nais a fillas ó longo de cinco séculos. Tivo épocas douradas ó longo dos tempos, mesmo chegando a converter portos galegos como os da Coruña e Vigo en peiraos de embarque de toneladas deste produto cara outros países europeos e cara as » Américas».

A situación económica e social da metade do século XX, fixo que esta artesanía como moitas outras, tivese unha importante perda de protagonismo e produciuse un adormecemento do seu comercio. Hoxe en día estase a recuperar o gusto polo artesán na decoración dos fogares, polo que o encaixe volta de novo a converterse nun produto demandado por un consumidor que esixe artesanía de calidade.

Comentario:

fai uns anos, descubrín este elemento da artesanía galega grazas a que os meus pais me levaron a Mostra do encaixe de Camariñas, alí sorprendeume moito a técnica das palilleiras e a naturalidade coa que fan os encaixes de maneira que pareza sinxelo e tamén ver nenas pequenas aprendendo, conseguindo así que en Camariñas esta tradición vaia pasando duns a outros e conservándose ao longo dos anos. Ademais, na Mostra do encaixe tamén se fai un desfile no que se engade este traballo artesanal a moda actual.

https://www.cultura.gal/es/evento/40895/550/45703  https://ficheiros-web.xunta.gal/artesaniadegalicia/encaixe-galego.pdf

DÍA 11: Serie de Televisión

Pratos combinados

info.

É unha serie de televisión que foi emitida por TVG en Galicia desde o 1 de decembro de 1995 ata o 24 de maio de 2006. Foi a primeira serie de TVG que marcou todo un fito na historia da televisión en Galicia, xa que se trataba da primeira comedia de situación desenvolta integramente por profesionais de Galicia e protagonizada na súa totalidade por actores e actrices galegos. A serie, rodada en Noya , foi creada polo escritor Xosé Cermeño.

Argumento

O protagonista da serie, Miro Pereira, coa súa muller Balbina Santos e demais membros da familia -retornados da emigración en Suíza- rexentan un bar co nome de «Bar Suízo» nunha pequena vila galega, polo que pasan personaxes cómicos como o vividor Antón Santos (irmán de Balbina e cuñado de Miro), o kioskero Tuto ou o repartidor Paspallás. Tamén adoitan pasar polo bar o pai Nicanor ou o avogado veciño Pedro Barreiro. Miro, xunto con Antón, sempre andan ideando plans para conseguir diñeiro ou poder irse de festa. Para isto, non dubidan en enganar aos seus amigos, habitualmente contando coa axuda de Roi e Paula, os fillos de Pedro Barreiro.

http://www.crtvg.es/tvg/programas/pratos-combinados https://es.wikipedia.org/wiki/Pratos_combinados

Comentario:

Penso que esta é unha das mellores series en galego o cal aválase tamén grazas aos enormes índices de audiencia que tivo. Na miña opinión, isto é así polo emprego que se fai da retranca galega nesta e en xeral polo humor que rodea toda a historia, a fin de contas, a historia basease na vida dunha familia normal pero o especial son as aventuras e momentos torpes do noso protagonista, Miro Pereira. Outra das singularidades desta serie é a forma na que mediante os personaxes conseguen amosar a variedade de rexistros cos que conta a nosa lingua.