Temos 1498 quilómetros de costa abrupta con moitas variedades e ecosistemas mariños distintos. Hai máis riqueza e abundancia que noutras costas porque nestes casos son máis rectilíneas, o que supón que teñen un mesmo ecosistema e é todo máis monótono. Aquí, en só 20 quilómetros pasamos de cantís con percebes a unha enseada con augas tranquilas cuxo achegue de auga doce permite que habiten berberechos. É marabilloso que isto suceda.

Catástrofes na mar:

1. O litoral galego foi escenario nos últimos 32 anos de seis catástrofes marítimas vinculadas con accidentes de buques nas súas costas con produtos altamente tóxicos que arrasaron nunha franxa de cen quilómetros, ‘ Polycomander’, ‘Urquiola’, ‘ Andrios Patria’, ‘Mar Exeo’, e ‘Prestige’ son os nomes dos buques accidentados e que provocaron, consecuentemente, cinco mareas negras.
2. Os microplásticos son un dos grandes problemas ambientais do século XXI. De feito, segundo as estimacións da ONU, cada minuto arróxase ao mar un camión de lixo cheo de residuos plásticos. Esta contaminación, está presente en todos os lugares e océanos do planeta. Galiza, lamentablemente, non se escapa desa praga e un recente estudo científico revela que ata os mexillóns de roca, polo menos na ría Vigo, presentan trazas de microplásticos no seu corpo.
«As ondas son as voces das correntes,
e as correntes son a vida. «
Comentario: O mar é vida. Este é vital para todos os seres vivos e grazas a él somos o que somos. Persoalmente, considero que as actividades realizadas neste medio, teñen un atractivo especial porque este é como un universo diferente que esperta a curiosidade, ademáis de ter unha beleza inaudita. Por estas razóns penso que deberíamoslle dar moita máis importancia a este, e non utilizalo como vertedoiro particular. Xa é hora de cambiar as malas costumes.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/gastronomia/2018/09/11/galicia-mejor-marisco-mundo/00031536657661926352401.htm https://www.elcorreogallego.es/inicio/ultima-hora/galicia/ecg/costa-gallega-ha-registrado-seis-catastrofes-maritimas-32-anos/idEdicion-2009-03-29/idNoticia-136432