A Lingua das Bolboretas
Galiza, anos 30. Moncho é un neno con problemas de sociabilidade que está aterrado porque debe empezar a escola. Aos poucos os seus temores irán desaparecendo grazas á axuda de Don Gregorio, un profesor de marcada tendencia progresista, sabio e comprensivo. Pero estala a Guerra Civil e os nacionais encargaranse de limpar España de republicanos. Arroupada nun contexto no que primaban as ideas fascistas e a arrogancia da Iglesia, a película de José Luis Corda é un canto á liberdade. Corda (»O bosque animado») recibiu a axuda do prestixioso guionista Rafael Azcona; xuntos adaptaron unha colección de contos de Manuel Rivas e gañaron un Goya polo seu traballo.

Comentario: Eu descubrín este filme hai uns anos cando na clase de galego estabamos a traballar algúns dos relatos de Manuel Rivas e a profesora empregouno como recurso audiovisual para aprender sobre estes relatos e sobre a historia de Galiza dunha maneira máis entretida e dinámica. En canto a trama, gustoume a forma en que se conta a historia e o final, o cal me pareceu sorprendente e adecuado para lograr entender o contexto da época. En conclusión, penso que é un bo filme e volo recomendo.
https://sincroguia-tv.expansion.com/peliculas/a-lingua-das-bolboretas–5hm-GLG

































